Actualidade

  1. O Concello de Narón co que cem,s.coop.galega leva colaborando desde os inicios da nosa actividade, propúxose desenvolver un proxecto de Educación Ambiental con efectos dinamizadores e de boas prácticas sustentables relacionados coa cunca fluvial do río Xuvia. As accións concretas que desenvolvemos, materializáronse en 3 publicacións para coñecer e protexer este espazo natural do río Xuvia.

  2. Acaba de saír do prelo a Guía de Boas Prácticas para un Uso Responsable do Mar que nos encargou a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, unha Guía que pretende divulgar unha serie de coñecementos e fomentar accións e comportamentos encamiñados á protección e mellora do medio ambiente neste sector.

  3. O programa de actividades educativas do Concello de Oleiros iniciase este curso escolar coas “Hortas escolares”. Un ano máis os nenos e nenas de educación infantil realizarán unha descuberta das sorpresas da horta da súa escola, aprendendo a coidar de xeito ecolóxico unha chea de cultivos.