Memoria de actividades do CEIDA 2001-2011

O CEIDA, centro de referencia da educación ambiental en Galicia, encargounos a coordinación técnica desta publicación. Na mesma recóllese un resumo dos programas e actividades realizadas nestes 10 anos da súa andaina.

Neste período, o CEIDA desenvolveu unha intensa actividade ambiental, traducida  en aproximadamente 2500 actividades nas que participaron  máis de 1 millón de persoas. A importancia dos datos numéricos e o traballo de excelencia desenvolvido nestes 10 anos, comprometeunos na tarefa de realizar unha publicación divulgativa e de calidade.


O cento e medio de páxinas da Memoria, son o resultado dun intenso traballo de recompilación de información, tratamento e adecuación dos encabezados e textos de contidos, gráficas e fotos, maquetación e deseño … en colaboración e comunicación constante coa equipa humana do CEIDA.  As fotografías pertencen ao CEIDA, ao arquivo de imaxes de cem, s.coop.galega e ao fotografo de natureza Luís Manuel Iglesias o que lle confire á edición detalles de grande calidade. As ilustracións  foron realizadas por Suso Cubeiro aportando a súa pincelada mestra.


 


Convidámosvos a ver neste enlace - na web do CEIDA -  o resultado final deste traballo: Memoria CEIDA 2001-2011