O 1 de xullo de 2010 a nosa empresa cumpriu os seus primeiros 18 anos como cooperativa de traballo asociado.

O noso responsable de comunicación, Francisco Brea, participou no mes de maio nun debate organizado polo xornal La Opinión A Coruña xunto co técnico da Concellaría de Medio Ambiente do Concello da Coruña, Javier Ramírez, e o profesor de Enxeñería Química da Universidade da Coruña, Manuel Soto.

Na publicación “Un viaje por la educación ambiental en la escuela” do Ministerio de Educación, faise referencia ao precursor Programa de educación ambiental “Vive a Natureza” creado e desenvolvido por cem, s.coop.galega dende 1987, do que temos emotivas lembranzas.

O programa de actividades educativas do Concello de Oleiros iniciase este curso escolar coas “Hortas escolares”. Un ano máis os nenos e nenas de educación infantil realizarán unha descuberta das sorpresas da horta da súa escola, aprendendo a coidar de xeito ecolóxico unha chea de cultivos.

Acaba de saír do prelo a Guía de Boas Prácticas para un Uso Responsable do Mar que nos encargou a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, unha Guía que pretende divulgar unha serie de coñecementos e fomentar accións e comportamentos encamiñados á protección e mellora do medio ambiente neste sector.