Novo calendario 2013

Co gallo da declaración pola UNESCO do 2013 como Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga, editamos este novo calendario.

 

O equipo humano de cem, s.coop.galega esfórzase, día a día desde 1992, para ofrecerlle á sociedade servizos ambientais que nos permitan construír un mundo máis sustentable.

Neste ano 2013, xa con máis de 20 anos de traxectoria, seguimos abrindo camiños ambientais e sociais, e cremos que é un bo momento para celebralo e compartilo. Co gallo da declaración pola UNESCO do 2013  como Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga, editamos este calendario onde quixemos recoller, mediante unha escolma de poemas e ilustracións, a importancia da auga e dos nosos ríos na nosa vida, na nosa cultura, no noso patrimonio… Temos por tanto, un importante labor para o futuro, educando para coñecer, amar e conservar este recurso universal e imprescindible para a vida.


 

Queremos compartir este agasallo para implicármonos conxuntamente na construción dun mundo máis equilibrado, ecolóxica e socialmente.

 

Se queres descargalo completo en formato PDF, preme aquí.