Quén somos

Cem, s.coop.galega é un empresa cooperativa que se constituíu no ano 1992 aínda que o cerne deste proxecto xa tiña varios anos de percorrido, que foi a pioneira no traballo profesional no ámbito da educación ambiental en Galicia.

Un dos piares básicos da nosa empresa é o noso decidido compromiso coa conservación do medio ambiente, tanto a nivel local como global, e a coherencia ambiental no desenvolvemento das nosas actuacións e servizos.

A  nosa aposta polo modelo cooperativo reflicte o noso compromiso cos máis importantes valores sociais do noso tempo: solidariedade, xustiza social, igualdade,....Unha aposta que se estende ao noso compromiso coa cultura, o patrimonio e a lingua galega.

 

Cem, s.coop.galega está formada por un equipo multidisciplinar de profesionais con ampla formación e experiencia composto por educadores e educadoras ambientais, biólogos, pedagogos, técnicos ambientais e de interpretación do patrimonio,...

Co noso traballo pretendemos proporcionar á sociedade recursos orientados a conseguir que as persoas respecten, valoren e conserven o medio ambiente para acadar un desenvolvemento máis equilibrado tanto ecolóxica como socialmente.

A experiencia acumulada ao longo de máis de catorce anos permítenos ofrecerlle aos nosos clientes servizos coa máxima calidade. E a nosa exclusiva atención ao cliente, permite adaptarnos ás súas necesidades, asesorándolle sobre as mellores solucións para os seus proxectos.

Un amplo abano de clientes teñen confiado en nós, acreditando a nosa solvencia: administración autonómica, concellos, deputacións, empresas, colexios, universidades, asociacións, fundacións...