Outubro 2011

O río Xuvia, un tesouro do noso patrimonio natural que debemos coidar

O Concello de Narón co que cem,s.coop.galega leva colaborando desde os inicios da nosa actividade, propúxose desenvolver un proxecto de Educación Ambiental con efectos dinamizadores e de boas prácticas sustentables relacionados coa cunca fluvial do río Xuvia. As accións concretas que desenvolvemos, materializáronse en 3 publicacións para coñecer e protexer este espazo natural do río Xuvia.

Edición da Guía de boas prácticas para un uso responsable do mar

Acaba de saír do prelo a Guía de Boas Prácticas para un Uso Responsable do Mar que nos encargou a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, unha Guía que pretende divulgar unha serie de coñecementos e fomentar accións e comportamentos encamiñados á protección e mellora do medio ambiente neste sector.

Comezamos as hortas escolares en Oleiros no outono de 2011

O programa de actividades educativas do Concello de Oleiros iniciase este curso escolar coas “Hortas escolares”. Un ano máis os nenos e nenas de educación infantil realizarán unha descuberta das sorpresas da horta da súa escola, aprendendo a coidar de xeito ecolóxico unha chea de cultivos.

Educación ambiental pioneira en Betanzos

Na publicación “Un viaje por la educación ambiental en la escuela” do Ministerio de Educación, faise referencia ao precursor Programa de educación ambiental “Vive a Natureza” creado e desenvolvido por cem, s.coop.galega dende 1987, do que temos emotivas lembranzas.