Servizos

 

Os servizos que ofrecemos desde CEM, s.coop. galega aglutinan todas as fases de vida do mesmo, desde as iniciais de deseño e planificación até a execución do servizo e a súa avaliación.

Á hora de desenvolver calquera servizo incluímos os materiais e recursos precisos para que sexa efectivo, en calquera dos formatos demandados.

Os nosos servizos agrúpanse en tres áreas de traballo específicas:

Educación ambiental: o noso obxectivo e fomentar nos destinatarios as actitudes e capacidades precisas para camiñar cara a unha cultura da sostibilidade, baseada no respecto do medio ambiente e no uso racional dos nosos recursos.

Interpretación e divulgación ambiental: esta área de actuación da  nosa empresa pretende mediante distintas técnicas de comunicación relevar o significado do noso patrimonio natural, cultural, etnográfico….para xerar no visitante actitudes positivas e activas cara á súa conservación; ao tempo que serve como ferramenta de xestión dos espazos naturais.

Estudo e planificación do medio: a través dos servizos desta área de traballo pretendemos ofrecer distintas ferramentas para a xestión e planificación do noso medio natural, de cara a facilitar que a súa conservación sexa compatible coa explotación racional dos seus recursos.

Para o desenvolvemento dos nosos traballos, ademais do equipo propio de CEM, contamos coa participación dunha rede de profesionais (fotógrafos, ilustradores, escritores, actores, científicos, deseñadores…) nas diferentes facetas que se precisen para acadar o mellor resultado final.

Os destinatarios finais dos servizos de CEM son tan variados como diversa é a nosa sociedade: nenos, xoves, persoas maiores, escolares, amas de casa, formadores, persoas con incapacidades, …. adaptando en todo momento os contidos e materiais ás características propias de cada un destes grupos de destinatarios.